jueves, 31 de mayo de 2007

Introducción.

O longo do Século XIX e XX, un non pequeno número de persoeiros no campo da literatura, economía, política e a ciencia, e que constitúen o que se deu en chamar “a mitoloxía da galeguidade”[1], contribuíron de forma esencial ó renacemento cultural e a reafirmación da identidade galega. Entre os científicos hai que destacar sen lugar a dúbidas a Don Antonio Casares Rodríguez. É un dos creadores da análise química en España e o pai da espectroscopía española[2]. Merece tamén resaltarse por ter sido quen de non se someter á atracción centrípeta que Madrid, cando, como se explicará máis adiante, era case que a única forma, naqueles tempos, de ter acceso rápido e inmediato a calquera dinámica innovadora no campo da investigación e tamén ós escasos medios económicos dispoñibles[3]. Desenvolveu xa que logo súa intensa vida científica e académica en Galicia e con grande compromiso pola súa terra.


[1] RODRIGUEZ VÁZQUEZ, J.A. (1999)”El Doctor Antonio Casares gran impulsor de la Química en Galicia”. Actas VII Congreso de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas., p.89. Pontevedra.

[2] BERMEJO PATIÑO, M.R. (1986). “Antonio Casares Rodríguez”. Ciencias Revista de Enseñanza (Universidade de Santiago), nº 6, p.5.

[3] Esta situación sería moito máis manifesta no século XX, pero xa no século anterior era bastante acusada.

No hay comentarios: